Proxecto de Novas Instalacións Portuarias en Punta Langosteira, impulsado pola Autoridade Portuaria de A Coruña, é na actualidade unha das obras en execución máis importantes tanto pola importancia e complexidade das obras, coma da súa incidencia para a Comunidade Autónoma Galega.
Por outra banda, tamén se acometerá unha importante recuperación da fachada portuaria actual, con novos usos para a cidadanía, nunha das operacións de recuperación de fronte de fachada marítima de grande impacto, incidindo de forma notable nas relacións Puerto - Cidade.
Este proxecto conta con financiamento de fondos de Cohesión aprobados pola Unión Europea. Os fondos aprobados pola Union Europea para este proxecto ascenden a 257,5 millóns de euros.
Igualmente para acometer o financiamento da devandita obra, subscribiuse un contrato de empréstito co Banco Europeo de Investimentos por importe de 130 millóns de euros.
Dada a transcendencia deste proxecto en todos os ámbitos, tanto da execución das propias obras en Punta Langosteira como no proceso derecuperación de espazos portuarios para novos usos na actual fachada portuaria, e co obxecto de ter entre as liñas estratéxicas de xestión atransparencia informativa, a Autoridade Portuaria de A Coruña crea esta sección específica no seu portal web, como oficina de información do desenvolvemento do proxecto en todas as súas facetas.
Entre as principais cuestións que poden atoparse nesta oficinia podemos destacar:
É desexo desta Autoridade Portuaria que a presente sección de información do proxecto que se pon a disposición do público en xeral, sexa do seu agrado e interese para un mellor coñecemento do público en xeral do avance deste proxecto de tanta repercusión para Coruña, a súa área de influencia, Galicia, e en xeral para o Estado Español e a Unión Europea.