O Porto de A Coruña presenta unha importante carencia de espazo portuario debido ao crecemento da súa actividade que, unido ás características de perigosidade e incidencia ambiental dos seus principais tráficos, levou á necesidade de ampliar as súas instalacións no exterior da cidade.
No ano 2004, e tras un completo e rigoroso proceso de estudio e deseño desenvolvido dende o ano 1995, a Autoridade Portuaria de A Coruña convocou o concurso para a adxudicación das obras de construción das Novas Instalacións Portuarias en Punta Langosteira.
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña en decembro de 2004 aprobou a adxudicación das obras do Proxecto as obras do Proxecto Novas Instalacións Portuarias en Punta Langosteira, incluíndo a adxudicación as denominadas FASE I e FASE II por un importe de 429.200.392,63 €.
A Comisión Europea na súa Decisión C(2005)5446 do 12 de decembro de 2005 concedeu unha axuda do Fondo de Cohesión por importe de 257.539.720 €, determinando como inicial de cómputo das actuacións e gastos con consideración de elixibles o 4 de febreiro de 2005.